O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese coa presidenta da Agrupación Queixume dos Pinos

Ourense, 29 de outubro de 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá coa presidenta da Agrupación Folclórica Queixumes dos Pinos, María Rita Mira, un dos referentes do folclore de Ourense e Galicia.

Manuel Pardo aproveitou a xuntanza para escoitar de primeira man as actividades e programas nos que esta asociación está a traballar, así como cales son os seus proxectos de futuro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/10/2025