A Xunta apoia a cuarta edición do Festival Breason, que se celebrará en Mondoñedo o 8 de novembro

Mondoñedo (Lugo), 29 de outubro de 2025

A Xunta de Galicia apoia unha nova edición do festival BreaSon, que se celebrará en Mondoñedo o sábado 8 de novembro. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe un encontro con responsables da organización, a asociación xuvenil Xoldra, aos que felicitou por artellar “un espazo para a música e a cultura cun claro protagonismo do talento galego”.

O epicentro das actividades será a Praza da Catedral, onde se instalará o escenario polo que pasarán Biznaga, Grande Amore, 9Louro, Malvela, Señora DJ, Femfarria, María Raxeta e Meniños da Mariña.

O festival é gratuíto, contará con carpa cuberta e presenta outras propostas como unha foliada, rutas de sendeirismo e obradoiros. Tamén ofrece acampada interior para as persoas que o precisen.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/10/2025