Miguel Corgos anima ao sector asegurador a seguir crecendo e apostando polo mercado galego
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, asistiu á inauguración da nova oficina de SABSEG Correduría de Seguros na Coruña
A Coruña, 30 de outubro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, animou hoxe ao sector asegurador a seguir crecendo e apostando polo mercado galego.
Durante a inauguración da nova oficina de SABSEG Correduría de Seguros na Coruña, Corgos trasladou a satisfacción pola aposta desta compañía, con máis de 350.000 clientes en España e Portugal, pola comunidade, cun equipo de profesionais con experiencia noutros proxectos de expansión en distintas entidades.
Logo de lembrar a contribución do sector asegurador ao desenvolvemento de Galicia, o conselleiro de Facenda recordou o proceso constante de renovación empresarial que nos últimos anos ten experimentado o sector, e animouno a seguir crecendo e apostando por Galicia.
 
										 
										