A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle unha mostra coa obra pictórica de Oniel Rodríguez

Lugo, 3 de novembro de 2025

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle durante o mes de novembro a exposición de pintura de Oniel Rodríguez, inaugurada esta tarde coa participación do delegado territorial, Javier Arias, e do propio autor, entre outros.

A mostra titúlase “Grazas Galicia” e está composta por quince obras, case todas acuarelas sobre papel de formato mediano, ademais de dous lenzos en acrílico. A recompilación está dedicada á paisaxe galega, con imaxes moi recoñecibles da propia cidade de Lugo.

Oniel Rodríguez, artista cubano afincado en Galicia desde o 2023, reside actualmente en Lugo. Conta cunha prolífica obra e parte dela presenta a singularidade de estar pintada con café.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/11/2025