A Xunta reivindica o papel do tecido asociativo para seguir avanzando no acollemento familiar e garantir unha atención integral a todos os menores

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2025

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, clausurou esta mañá o I Congreso Internacional de Acollemento Nacional que organiza a Xunta da man de Aldeas Infantiles. Durante a súa participación, reivindicou o papel de todo o tecido asociativo que é fundamental para seguir avanzando nesta modalidade de protección da infancia que garante unha atención integral a todos os menores.

Neste senso, Jacobo Rey lembrou que Galicia é a segunda comunidade con mellores cifras de acollemento familiar e destacou a aposta do Goberno galego por seguir impulsando a protección da infancia e apostando por este tipo de medidas que permiten aos nenos e adolescentes medrar nun fogar. Así mesmo, trasladou o agradecemento de todo o Executivo autonómico ás familias galegas que abren as súas portas aos cativos que máis o precisan.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/11/2025