O delegado territorial da Xunta participa nas xornadas micolóxicas do IES de Foz
Foz (Lugo), 5 de novembro de 2025
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou nas Xornadas Micolóxicas do IES de Foz, unha das citas de referencia no calendario anual de actividades do centro, que implica a toda a comunidade educativa en charlas, exposicións, saídas ao monte e outras propostas.
O instituto acolleu hoxe a degustación dunha ampla variedade de pratos elaborados a base de cogomelos, preparados polos estudantes de segundo curso do ciclo superior de Dirección de Cociña e servidos polos do ciclo medio de Servizos en Restauración.
Arias resaltou que a iniciativa proporciona ao alumnado dos ciclos de Hostalería a posibilidade de demostrar os coñecementos adquiridos, ademais de “exhibir o altísimo nivel das ensinanzas de Formación Profesional que temos en Galicia, o que se reflicte nunhas elevadas taxas de inserción laboral”.