A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue incide na importancia de doar despois da ponte festiva de novembro
A ADOS realiza esta semana máis de medio cento de campañas destinadas a incentivar a doazón entre á cidadanía, lembrando que, diariamente resulta preciso obter máis de 400 doazóns de sangue para manter estables as reservas dos distintos grupos sanguíneos
Santiago de Compostela, xoves 6 de novembro de 2025
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) lembra á cidadanía galega a importancia de doar nas datas posteriores á ponte festiva do 1 de novembro, xa que, as datas festivas ou períodos vacacionais, pode diminuír as reservas dos distintos grupos sanguíneos e resulta preciso dar un pulo á participación dos cidadáns.
A Axencia salienta que, aínda que se necesitan, diariamente máis de 400 doazóns de todos os grupos sanguíneos, esta semana precísase aumentar a participación de doantes Cero Positivo.
Campañas de doazón
A ADOS quere felicitar aos galegos e galegas polo seu carácter solidario e o seu compromiso coa doazón, e lembra a posibilidade que terán de continuar contribuíndo, acudindo a doar nalgunha das máis de 50 campañas de doazón de sangue que está a desenvolver esta semana e nos locais de doazón das sete grandes cidades galegas.
Deste xeito, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue chama a doazón a toda a cidadanía para aumentar a participación nestas xornadas. Para iso, lembra que as unidades móbiles da ADOS efectuarán os seguintes desprazamentos:
|
DATA |
DESPRAZAMENTOS |
|
Xoves 6 de novembro |
Campus de Esteiro (Ferrol), Cantón-Obelisco (A Coruña), O Burgo (Culleredo), Arzúa, Televés S.A. (Santiago), CPFP Fesán (Santiago), Campus de Lugo, A Valenzá (Barbadás), Caldas de Reis, Santa María de Oia e GKN Driveline (Vigo). |
|
Venres 7 de novembro |
As Pontes, Carballo, Lestedo (Boqueixón), Barrio das Conchiñas (A Coruña), Ribeira, Burela, Verín, Lalín, Porriño e Barrio do Calvario (Vigo). |
|
Sábado 8 de novembro |
Betanzos, Carballo, Ribeira, Lalín e Porriño. |
Desde a Axencia, agradecer o compromiso de todos os galegos e galegas que doan sangue e convida a todos aqueles que aínda non o fixeron, a que den o paso solidario de acudir ata unha unidade móbil ou un local da ADOS e realicen esa doazón que permite, cada día, a moitos doentes solucionar graves problemas de saúde.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: https://ados.sergas.gal, as súas redes sociais, e o teléfono gratuíto: 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.