La habitación roja actuará o 29 de novembro no Círculo das Artes de Lugo co apoio da Xunta

Lugo, 7 de novembro de 2025

A banda “La habitación roja” ofrecerá un concerto no Círculo das Artes de Lugo o sábado 29 de novembro, a partir das 21:30 horas, no marco do ciclo “Momentos Alhambra. Acustiquísimos 2025”, que un ano máis conta coa colaboración da Xunta de Galicia. A cita foi presentada hoxe na Delegación Territorial de Lugo.

O delegado territorial, Javier Arias, destacou o apoio do Goberno galego “aos promotores que traen a Galicia interesantes iniciativas culturais como esta”; Lugo pechará un proxecto impulsado por Artmusic e Cervezas Alhambra que inclúe os concertos de Marlena en Vigo (o 15 de novembro), Christina Rosenvinge na Coruña (o día 21), e Zahara en Santiago de Compostela (o día 22). Son actuacións en formato acústico, en espazos singulares e complementadas cunha proposta gastronómica.

“La habitación roja”, unha das bandas de máis sona no panorama español da música indie, celebra este ano o seu 30 aniversario. Leva editados 14 discos de estudio e realizados máis de 1000 concertos por España, Europa e América. As entradas poden mercarse na web de acustiquisimos.com.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/11/2025