A Xunta entrega os diplomas dos cursos organizados polo centro cultural, artístico e recreativo Valladares
2025-11-13
/documents/35297/1912946/20251113FotoDXInclusionCursosValladaresVigo.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 13 de novembro de 2025
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou hoxe na entrega de diplomas ás persoas que participaron nas accións formativas desenvolvidas polo Centro Cultural, Artístico e Recreativo Valladares. Os cursos impartidos foron sobre alfabetización lingüística e dixital en castelán e aplicacións informáticas de xestión.
Arturo Parrado felicitou ao alumnado por completar con éxito a súa formación e destacou a importancia deste tipo de programas para mellorar a capacitación e as oportunidades laborais dos participantes.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 13/11/2025