Martina Aneiros mantén unha reunión con representantes da asociación cultural ‘Valdoviño no teu camiño’
2026-07-28
/documents/35297/2219845/ReunionAsocValdovi%C3%B1onoTeuCami%C3%B1o.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 28 de xullo de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da asociación cultural Valdoviño no teu camiño, co fin de coñecer as actividades e proxectos nos que se atopa inmersa a entidade e abrir vías de colaboración.
O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona co obxecto de coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 28/07/2026