A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo coa alcaldesa de Ribeira
2025-11-13
/documents/35297/1912946/251113_Ribeira_x-2.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa de Ribeira, María Sampedro.
No encontro mantido esta tarde en San Caetano, no que tamén participou a directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire, abordáronse actuacións en materia de infraestruturas, de interese para este municipio.
A reunión enmárcase na liña de colaboración que vén mantendo o departamento que dirixe María M. Allegue cos concellos, prestándolles apoio para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Data de actualización: 13/11/2025