Arias participa na inauguración do mural de Dani Caxete sobre a Semana Santa de Viveiro
A iniciativa foi promovida pola Xunta de Confrarías coa colaboración da Administración autonómica
Lugo, 13 de novembro de 2025
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe en Viveiro na inauguración do mural do artista Dani Caxete adicado á Semana Santa da localidade, declarada de Interese Turístico Internacional.
Arias felicitou ao recoñecido autor vivariense pola súa creación, unha representación en gran formato do Cristo da Agonía que loce nunha fachada do casco histórico. O lugar elixido foi a intersección da avenida de Lourdes coa rúa Melitón Cortiñas, un enclave emblemático de Viveiro e un dos epicentros da Semana Santa local.
A iniciativa foi promovida pola Xunta de Confradías e contou coa colaboración da Administración autonómica e do Concello de Viveiro. No acto tamén estiveron a alcaldesa, Mariña Gueimunde, e o presidente da entidade de confrarías, José Veiga, entre outras persoas.
Arias gabou que se promocione unha celebración tan destacada “mediante un formato artístico en auxe como son os murais, que transforman os espazos urbanos inspirándose na memoria e tradicións de cada zona”. Tamén destacou que a obra suma un novo atractivo para visitar o casco vello vivariense.