Lorenzana reúnese co alcalde de Ribadeo para coñecer as necesidades do concello a nivel industrial

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo estes días un encontro co alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, con quen abordou a situación actual do municipio a nivel industrial, tendo en conta o seu peso económico na comarca da Mariña.

Lorenzana expuxo na reunión as principais partidas dos orzamentos da Consellería de Economía e Industria para o vindeiro ano, que ascenden a 443,8 millóns de euros, un 6 por cento máis que no pasado exercicio, e ofreceu ao alcalde todo o apoio da Xunta para que Ribadeo sexa quen de mobilizar e atraer máis investimento industrial.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/11/2025