A Xunta pón en valor a rede galega de centros de día especializados na atención ao alzhéimer
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu ás XXII Xornadas Internacionais organizadas por Afaga
Vigo, 22 de novembro de 2025
A director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe nas XXII Xornadas Internacionais Afaga-Alzhéimer, nas que se reflexionou sobre a investigación e a innovación en demencias neurodexenerativas.
O director xeral destacou o compromiso da Xunta de continuar colaborando coas entidades sociais que traballan na mellora do benestar das persoas con alzhéimer e das súas familias. Neste sentido, lembrou que Galicia foi pioneira á hora de poñer e marcha unha rede pública de centros de día especializados no coidado a estas persoas, e que suma 560 prazas públicas.