Fabiola García felicita a ACEM por tres décadas de loita contra a esclerose múltiple
A conselleira de Política Social e Igualdade asistiu á gala de conmemoración do aniversario da entidade social, que apoia a persoas con enfermidades neurodexenerativas
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asistiu esta noite á gala de conmemoración do trinta aniversario da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas (Acem).
Durante o acto, Fabiola García foi obsequiada cunha insignia de prata deseñada pola entidade para conmemorar esta celebración. Na súa intervención , a conselleira felicitou a Acem por trinta anos de historia “acompañando e asesorando ás familias, poñendo recursos á súa disposición e poñendo no foco estas duras doenzas”. Ademais, asegurou que esta entidade sempre contará “coa man tendida da Xunta para seguir avanzando” na loita contra estas enfermidades.