A Xunta adxudica por 1,2 M€ a subministración de equipamento de alta tecnoloxía para o Novo Montecelo de Pontevedra e para os hospitais comarcais de Barbanza e de Cee

Disporase de salas de raios X dixitais robotizadas con suspensión de teito para os tres hospitais públicos

No caso dos hospitais comarcais tamén se adquiren sistemas dixitais de radioloxía portátil

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2025

A Xunta vén de adxudicar, por importe de 1.217.260 euros, a subministración de equipamento de alta tecnoloxía con destino ao Hospital Público Novo Montecelo, en Pontevedra, e aos hospitais comarcais de Barbanza, en Ribeira, e de Cee.

En concreto, a empresa General Electric Healthcare España S.A.U será a encargada do equipamento previsto en dous lotes do contrato do Servizo Galego de Saúde.

O primeiro lote, no que se contemplan dúas salas de raios X dixitais robotizadas con suspensión de teito, foi adxudicado por importe de 496.100 euros e ten como destino o novo hospital público que se está a construír en Pontevedra.

O segundo dos lotes adxudicados está composto por unha sala de raios X dixital robotizada con suspensión de teito e por un sistema dixital de radioloxía portátil, con destino a cada uno dos hospitais comarcais mencionados. O investimento total para os hospitais públicos de Barbanza e de Cee suma 721.160 euros.

Data de actualización: 22/11/2025