A Xunta salienta en Chile o compromiso do Centro Galego de Valparaíso coa preservación da identidade e das tradicións de Galicia

Valparaíso (Chile), 24 de novembro de 2025

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou as instalacións do Centro Galego de Valparaíso, onde se reuniu cos seus responsables e socios para coñecer de primeira man as actividades que esta entidade vén desenvolvendo en apoio á colectividade galega da rexión. Durante o encontro, Miranda puxo en valor o traballo continuado deste centro, que leva máis de tres décadas promovendo a música, a danza, a gaita e a lingua galegas, consolidándose como un referente cultural no ámbito do Estadio Español de Valparaíso.

O responsable da Secretaría Xeral da Emigración destacou que a traxectoria do Centro Galego de Valparaíso é un exemplo de compromiso coa nosa identidade e de amor pola terra e agradeceu o esforzo da súa directiva por manter viva a presenza de Galicia na zona central de Chile. Miranda reiterou o apoio da Xunta a todas as entidades galegas do exterior que, como esta, manteñen viva a cultura galega e fortalecen o vínculo entre Galicia e a súa diáspora.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/11/2025