O seguimento da folga sanitaria na atención primaria acada o 3,5 % na quenda de tarde

De acordo ás sete áreas sanitarias galegas, o seguimento da folga nos servizos de atención primaria oscila entre o 6,19 % rexistrado na área sanitaria de Vigo e o 0,6 % da área de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2025

A folga sanitaria convocada por dúas organizacións sindicais acadou, durante a quenda de tarde, un seguimento do 3,5 % na totalidade dos centros sanitarios de atención primaria da comunidade galega.

De acordo cos datos das sete áreas sanitarias que conforman o Servizo Galego de Saúde, durante esta tarde na área sanitaria da Coruña e Cee o seguimento da folga acadou o 4,18 %; na área de Santiago de Compostela e Barbanza, o 3,5 %; na de Ferrol, 3 %; na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, o 0,6 %; na área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, o 1,2 %; na de Pontevedra e O Salnés, o 2,6 %; e na área sanitaria de Vigo, o 6,19 %.

A Consellería de Sanidade e as organizacións sindicais da Mesa sectorial CSIF, CCOO, UGT e tamén SIMEGA acordaron na xornada deste luns unha serie de melloras de tipo económico, organizativas e laborais para o persoal sanitario.

A sanidade pública galega está a responder axeitadamente á demanda asistencial que se presentou ata o de agora nos centros sanitarios galegos. 

A Xunta continúa a traballar co obxectivo de ofrecer unha atención sanitaria óptima a toda a cidadanía e para acadar as mellores condicións laborais para o conxunto de profesionais, ben sexa na atención primaria ou hospitalaria.

Data de actualización: 27/11/2025