Arias subliña que o Premio Vilar Ponte amosa “a calidade e a forza creativa da narrativa galega contemporánea”

Viveiro (Lugo), 28 de novembro de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na entrega de premios da sétima edición do certame de novela Vilar Ponte, que convoca o Concello de Viveiro co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Arias destacou que esta proposta “amosa a diversidade, a calidade e a forza creativa da narrativa galega contemporánea”, e felicitou aos premiados por “contribuír coa súa obra a engrosar o patrimonio literario do país”.

A gañadora deste ano foi Pura Salceda, coa obra A dous pasos do Edén. Filla de   emigrantes galegos e residente en Barcelona, a autora é licenciada en Filoloxía Hispánica, doutora en Filoloxía Románica e conta con obra publicada en galego, castelán e catalán.

A obra finalista foi Vera, de Ignacio Vidal Portabales, profesor da USC e escritor recoñecido con premios como o Blanco Amor, o García Barros ou o Simbad.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/11/2025