Javier Arias gaba o labor solidario da ‘Peña Anda’ na celebración da súa xuntanza anual
2025-11-29
/documents/35297/1932220/IMG-20251129-WA0104.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 29 de novembro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na xuntanza anual do colectivo lucense Peña Anda, ao que felicitou por “perseverar, logo de 61 anos de actividade, no seu obxectivo de ser útil á cidade".
Arias gabou o labor solidario que realizan, colaborando con diversas causas e, moi especialmente, co Asilo de Lugo, para o que organizan unha recadación de fondos anual así como un acto especial polo Nadal.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 29/11/2025