A Xunta participa no acto institucional do XLVII Aniversario da Constitución Española organizado pola Delegación do Goberno
A Coruña, 1 de decembro de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, xunta á delegada de Ferrol, Martina Aneiros, asistiron hoxe ao acto institucional de conmemoración do XLVII Aniversario da Constitución Española, organizado pola Delegación do Goberno en Galicia e celebrado no Auditorio do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), na Coruña.
Belén do Campo subliñou o valor da Constitución como marco de convivencia, garante de dereitos e símbolo de unidade e progreso democrático. A Carta Magna “é o resultado dun consenso histórico que sentou as bases do período máis estable e próspero da nosa democracia, permitindo a modernización do país e o desenvolvemento autonómico de Galicia”, e lembrou que “a súa vixencia segue a ser un piar fundamental para avanzar con cohesión, liberdade e igualdade de oportunidades para toda a cidadanía”.
Nesta liña, incidiu na importancia de “seguir defendendo os principios constitucionais desde a cooperación, o diálogo institucional e o compromiso co ben común, especialmente en tempos que esixen estabilidade, entendemento e unidade de acción”.