O conselleiro de Presidencia reúnese co ministro da Embaixada de China en España
2025-12-03
/documents/35297/1941109/20251203ReunionMinistroEmbaixadaChinaEspa%C3%B1a+%282%29.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibiu hoxe ao ministro da Embaixada de China en España, Qu Xun. Acompañaron ao ministro o conselleiro de Educación da embaixada, Hou Yongfeng, e o secretario da sección política, Xie Tianyu. No encontro abordáronse e avaliáronse diferentes medidas para reforzar as relacións entre Galicia e o país asiático.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 03/12/2025