A Xunta apoia a I Festa do Bacallau que organiza este domingo en Foz a asociación ‘Bispo Santo’
Lugo, 5 de decembro de 2025
A Xunta de Galicia apoia a I Festa do Bacallau organizada pola asociación Bispo Santo de Foz, que se celebra o vindeiro domingo 7 de decembro na área recreativa do Bispo Santo, en Forxán.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da cita, que incluirá unha cea a partir das 21,00 horas na que o bacallau será o prato principal. A continuación actuará a orquestra París de Noia. A celebración comezará ás 14,00 horas coa animación dun DJ. Todas as actividades desenvolveranse baixo unha carpa.
Arias destacou que as festas gastronómicas xogan un papel relevante á hora de dinamizar as parroquias e fomentar a cohesión veciñal. Nese sentido, afirmou que a Xunta colabora co tecido asociativo da provincia para impulsar actividades lúdicas, culturais e deportivas durante todo ano.