Medio Rural e o Concello do Porriño avanzan na prevención e defensa fronte os incendios forestais

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo. O encontro serviu parar avanzar na colaboración entre ambas partes en materia de prevención de incendios forestais, especialmente no que atinxe á xestión da biomasa e á dotación de infraestruturas de defensa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/12/2025