A Xunta aposta por seguir apoiando ás entidades sociais na inclusión e mellora da accesibilidade das persoas con discapacidade auditiva

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2025

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou na entrega de premios da quinta edición do concurso de postais de Nadal organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpga), coa colaboración de Anpanxoga. Durante o acto, destacou o compromiso do Executivo galego para seguir traballando na inclusión e mellora da accesibilidade das persoas xordas.

O director xeral agradeceu o traballo das entidades sociais que traballan para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade auditiva e fixo fincapé na atención e coidado aos nenos e nenas xordas para blindar a súa inclusión social. Neste senso, trasladou ás familias e profesionais o compromiso da Xunta de seguir impulsando iniciativas de calidade para fomentar a integración das persoas con discapacidade auditiva e reforzando as liñas de colaboración coas organizacións que traballan neste eido.

Data de actualización: 13/12/2025