La Xunta acuerda con el sector la apertura de la campaña de la vieira en la ría de Arousa de manera limitada y controlada
La directora general de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, se reunió con representantes de las cofradías de Cambados y Rianxo y de las federaciones provinciales de A Coruña y Pontevedra
Santiago de Compostela, 15 de diciembre de 2025
A Consellería do Mar acordou esta tarde a apertura da campaña da vieira, de xeito limitado e controlado, na ría de Arousa, concretamente na zona IV, atendendo aos criterios científicos e tras reunirse co sector, co que mantivo un proceso de diálogo permanente e de consenso.
No encontro, participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, e representantes das confrarías de Cambados e Rianxo, así como os presidentes das federacións provinciais de confrarías de Pontevedra e A Coruña. Ambas confrarías solicitaron, formalmente, a apertura da campaña, unha petición que foi analizada pola Consellería do Mar á luz da información científica dispoñible e da situación real do recurso. Como resultado deste proceso, decidiuse autorizar a extracción de vieira os días 17, 18 e 19 de decembro, cun límite máximo total de 7.500 quilos, dos cales 3.000 corresponderán á confraría de Rianxo e 4.500 á de Cambados, establecéndose un tope de 40 quilos por persoa e día.
A actividade limitarase exclusivamente á zona IV da ría e os puntos de descarga autorizados serán os portos de Tragove e Rianxo, co obxectivo de garantir un control efectivo da extracción e da comercialización do produto. Esta decisión baséase no informe científico realizado polo Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), que indica que non existe stock suficiente no resto das zonas da ría, polo que recomenda unha extracción limitada, puntual e estritamente controlada, para garantir a sustentabilidade do recurso.
A directora xeral salientou que a medida responde a un modelo de cogobernanza da xestión pesqueira, no que a Xunta e o sector traballan de maneira coordinada para compatibilizar a conservación dos recursos coa actividade económica. Neste sentido, subliñou que a decisión adoptada atende de forma equilibrada aos factores biolóxicos, sociais e económicos, garantindo tanto a protección da especie como unha oportunidade para o sector nunha campaña marcada pola prudencia e a responsabilidade.