A Xunta visita o instituto de Mos para avaliar o reforzo da oferta de FP no centro

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, reuniuse co equipo directivo do IES para analizar as distintas opcións ao respecto

Mos (Pontevedra), 18 de decembro de 2025

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou esta mañá o Instituto de Mos co obxectivo de avaliar un posible reforzo da oferta de Formación Profesional neste centro, complementando ademais o catálogo de ciclos que se imparten na comarca.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP mantivo unha xuntanza de traballo co equipo directivo do centro co fin de analizar as distintas opcións ao respecto.

Para iso, na liña do anunciado polo conselleiro Román Rodríguez nunha anterior visita a Mos, é necesario facer previamente unha prospección das necesidades dos sectores produtivos da zona, para determinar que ciclos son máis necesarios para as empresas e, polo tanto, terían unha maior empregabilidade.

Cómpre lembrar que na actualidade, o IES  oferta o ciclo de grao básico en Servizos comerciais, con 18 prazas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/12/2025