Portos de Galicia remata o saneamento do porto de Burela coas conexións do peirao norte e autoriza unha cafetería e restaurante

Burela (Lugo), 21 de decembro de 2025

Portos de Galicia, ente adscrito á Consellería do Mar, rematou nos días pasados as obras da nova rede de saneamento do peirao norte do porto de Burela (Lugo). O ente público investiu nesta actuación un total de 48.000 euros. 

Os traballos consistiron na conexión de todos os usuarios do peirao norte ao colector xeral que está a instalar Augas de Galicia para completar o servizo de saneamento do porto. En concreto realizáronse arredor de 25 novas conexións, entre elas, as dos 18 departamentos de armadores, a nave da confraría de pescadores, a nave de redes, os departamentos de usuarios e o surtidor de combustible. Con esta actuación de Portos de Galicia complétase a conexión a rede de saneamento do conxunto dos usuarios do porto de Burela, no que só faltaba a conexión do peirao norte. 

Tamén no porto de Burela, Portos de Galicia outorgou unha concesión para actividade de cafetería, bar e restaurante. Trátase dunha ampliación de actividade no local contiguo ao restaurante Amares comunicando ambos espazos, unha vez reformado o novo. O prazo de vixencia inicial será de 15 anos con posibilidade de prórroga de 7,5 máis. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/12/2025