Desde esta semana ampliouse aos maiores de 18 anos o ensaio, inicialmente dirixido a maiores de 60 anos, co fin de dispoñer dunha visión máis completa do impacto desta vacina nas persoas adultas

Os maiores de 18 anos xa poden participar no ensaio clínico SINCIGAL da Xunta, destinado a avaliar a eficacia en adultos da vacina contra o VRS

O estudo ten por obxecto avaliar a redución de ingresos hospitalarios na poboación galega mediante a vacinación do virus respiratorio sincitial

As persoas interesadas en participar neste estudo teñen á súa disposición o teléfono gratuíto 900 842 217 para resolver dúbidas

Esta fin de semana máis de 73.600 persoas maiores de 60 anos están convocadas a inmunizarse fronte á gripe nos recintos hospitalarios públicos, nunhas novas xornadas extraordinarias de vacinación nas que tamén poden participar no Sincigal

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2025

A Consellería de Sanidade vén de estender o ensaio clínico SINCIGAL a toda a poboación maior de 18 anos co obxectivo de avaliar a redución de ingresos hospitalarios na poboación galega mediante a vacinación fronte ao virus respiratorio sincitial, VRS.

O estudo, que na súa primeira fase estaba destinado ás persoas maiores de 60 anos, amplíase agora á poboación maior de idade dando prioridade aos grupos de risco, entre os que se inclúen os profesionais dos centros sanitarios por mor do seu maior nivel de exposición a este virus.

Ata o vindeiro 31 de xaneiro estarán activas as unidades de participación en todos os centros de saúde participantes, contando cunha ampla cobertura territorio.

ÁREA SANITARIA

PUNTO DE VACINACIÓN

LOCALIZACIÓN

HORARIO

 

 

 

A CORUÑA E CEE

Hospital Universitario da Coruña

C. EXTERNAS 4ª PLANTA – SALA 51

Luns a venres de 16:00 a 20:00

Hospital Virxe da Xunqueira

C. EXTERNAS – SALA Nº9 – PLANTA BAIXA

Luns a venres de 16:00 a 20:00

 

FERROL

Hospital Arquitecto Marcide

C. EXTERNAS – PLANTA 0

Luns a xoves de 15:30 a 19:30

 

 

 

LUGO, A MARIÑA E MONFORTE DE LEMOS

 

Hospital Lucus Augusti

 

 

4ª PLANTA

Luns, martes e xoves de 15:00 a 19:00; mércores de 9:30 a 13:30

Hospital da Mariña

PUNTO DE VACINACIÓN

Mércores de 15:00 a 19:00 e venres de 09:30 a 13:30

Hospital de Monforte de Lemos

PLANTA BAIXA, ENTRADA ZONA APARCADOIRO, CONSULTAS DE REHABILITACIÓN

Martes de 09:30 a 13:30 e xoves de 15:00 a 19:00

 

 

 

OURENSE, VERÍN E O BARCO DE VALDEORRAS

Complexo Hospitalario de Ourense

AULA DE INNOVACIÓN

Luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30

Cs de Verín

CS DE VERÍN

Luns a venres de 10:00 a 14:00

CS Barco de Valdeorras

CS BARCO DE VALDEORRAS

Luns a venres de 10:00 a 14:00

 

SANTIAGO E BARBANZA

Hospital Clínico de Santiago de Compostela

PUNTO DE ATENCIÓN CONTINUADA – CONSULTA N.º 9

 

Luns a venres 16:00 a 20:00

 

 

 

PONTEVEDRA E O SALNÉS

Hospital Provincial

CONSULTAS - EXTERNAS HOSPITAL DE DÍA

Luns a venres de 15:30 a 19:30

Hospital do Salnés

CONSULTAS MEDICINA PREVENTIVA – PLANTA -1

Luns a xoves de 15:30 a 19:30

 

VIGO

Hospital Álvaro Cunqueiro

PLANTA 0 – ZONA DE DOCENCIA

Luns a venres de 15:30 a 19:30 e xoves 18 de decembro de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30

Ademais, continúan activas as unidades en todos os centros de saúde participantes, cunha ampla cobertura territorial. Na seguinte ligazón pódese consultar a lista de centros activos en www.sincigal.com ou chamar ao teléfono gratuíto 900 842 217 para información.

A vacina que se está a estudar (Abrysvo®) está  autorizada e comercializada, e o ensaio permite avaliar a súa eficacia na vida real para previr hospitalizacións por infección por VRS e complicacións asociadas. Así, a Dirección Xeral de Saúde Pública convida a toda  poboación maior de idade a participar neste iniciativa que están a desenvolver a Consellería de Sanidade e a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).

Posibilidade de vacinación

No caso de aceptar participar, terá un 50 % de posibilidades de recibir a vacina obxecto de estudo ou non, isto virá determinado polo azar a través dunha plataforma informática.

Desta forma, poderá comprobarse as diferenzas entre as persoas vacinadas e non vacinadas fronte a un virus que, na maioría dos casos, provoca síntomas leves similares a un arrefriado pero que en adultos de idade avanzada ou persoas con patoloxías crónicas pode causar problemas pulmonares graves.

No caso de ser asignado ao grupo de vacinación procederase á administración da vacina durante esa mesma asistencia sanitaria ou nunha quenda posterior, como prefira o participante. Como acontece con todas as demais vacinas, verificarase que non existan contraindicacións para a vacinación.

No caso de ser asignado ao grupo que non reciba a vacina, non se realizará ningún procedemento adicional asociado á participación no estudo.

O estudo non implica acudir a ningún seguimento clínico, xa que se obterá a información necesaria da historia clínica de cada paciente para realizar o seguimento de eficacia e seguridade, polo que non será necesario contactar de novo co participante.

Vacinación extraordinaria da gripe

Durante esta fin de semana a Xunta convocou a máis de 73.600 persoas maiores de 60 anos para que poidan inmunizarse fronte á gripe nos recintos hospitalarios públicos, nunhas novas xornadas extraordinarias de vacinación organizadas pola Consellería de Sanidade para incrementar os niveis de protección da poboación e na que estas persoas tamén poderán aproveitar para participar, se así o desexan, no ensaio clínico Sincigal.

Estas xornadas extraordinarias de vacinación realizaranse o sábado en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas nos hospitais comarcais e principais das sete áreas sanitarias. No caso dos hospitais principais, a vacinación prolongarase durante a xornada do domingo, no mesmo horario de mañá e de tarde.

 

Distrito

PUNTO

Sábado 20

Domingo 21

A CORUÑA

Hospital Universitario da Coruña, 4ª planta, consultas integradas

10-14 h e 16 a 20 h

10-14 h e

16 a 20 h

CEE

Hospital Virxe da Xunqueira, consultas externas

10-14 h e 16 a 20 h

 

FERROL

Hospital Arquitecto Marcide, laboratorio

10-14 h e 16 a 20 h

10-14 h e

16 a 20 h

BURELA

Hospital da Mariña, punto de vacinación

10-14 h e 16 a 20 h

 

LUGO

Hospital Lucus Augusti, 4ª planta

10-14 h e 16 a 20 h

10-14 h e

16 a 20 h

MONFORTE

Hospital de Monforte, planta baixa, entrada zona aparcadoiro

10-14 h e 16 a 20 h

 

O BARCO

Hospital Valdeorras, biblioteca

10-14 h e 16 a 20 h

 

OURENSE

CHUO, Planta 0, novo edificio de hospitalización

10-14 h e 16 a 20 h

10-14 h e

16 a 20 h

VERÍN

Hospital de Verín, consultas externas

10-14 h e 16 a 20 h

 

PONTEVEDRA

Hospital de día do Provincial (entrada por Consultas Externas, parte traseira do hospital)

10-14 h e 16 a 20 h

10-14 h e

16 a 20 h

O SALNÉS

Hospital do Salnés, planta 0, hospital de día de adultos

10-14 h e 16 a 20 h

 

BARBANZA

Hospital de Barbanza, salón de actos

10-14 h e 16 a 20 h

 

SANTIAGO

Complexo Hospitalario de Santiago, Sala de toma de mostras (planta -3)

10-14 h e 16 a 20 h

10-14 h e

16 a 20 h

VIGO

Hospital Público Álvaro Cunqueiro,
Planta 0, zona docencia

10-14 h e 16 a 20 h

10-14 h e

16 a 20 h

As persoas que formen parte desa franxa de idade da poboación diana recibirán unha mensaxe de texto da Consellería de Sanidade, indicando a marxe horaria e o centro ao que teñen que asistir.

A día de hoxe xa foron vacinadas da gripe máis de 838.000 persoas, mentres que a porcentaxe dos maiores de 60 anos xa supera o 65 %.

A comunidade galega está preparada para afrontar esta nova temporada e, desde mediados de novembro, ten operativo o Plan de inverno para anticiparse, previr, planificar e xestionar os recursos que permitan responder aos picos de demanda.

No seguinte cadro, poderán consultarse os lugares e horarios da vacinación extraordinaria fronte á gripe para esta fin de semana.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/12/2025