A Xunta pon en valor o mercado de Nadal da Asociación de comerciantes de Celanova por conseguir dinamizar o consumo local nestas datas

Celanova (Ourense), 20 de decembro de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe o Mercado de Nadal organizado pola Asociación de comerciantes, hostaleiros, empresarios e asociados de Celanova (CHEA), unha iniciativa que —segundo destacou— se está a celebrar todas as fins de semana de decembro e se repetirá tamén na primeira de xaneiro co gallo de incentivar o consumo local nestas datas. Nese senso, Alén felicitou a asociación só por implicar os distintos negocios no mercado e elixir a Praza de Abastos para situalo.

Así, o director xeral salientou o valor deste tipo de eventos para impulsar as vendas de proximidade e para potenciar o sector na liña dos obxectivos marcados polo Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, que aposta por este eido económico fundamental como xerador de riqueza e emprego e vertebrador do territorio. Nese senso, destacou que a maiores dos distintos produtos e servizos da contorna se estean a promover tamén ao abeiro deste Mercado de Nadal de Celanova unha ampla variedade de actividades para todos os públicos, co obxecto de reforzar o seu atractivo para a clientela. No caso desta fin de semana, por exemplo, ademais de pinchos e música haberá un desfile solidario, cine e un obradoiro para elaborar coroas de Nadal.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/12/2025