A Xunta participa na 30 edición do certame autonómico de Tarxetas de Nadal de Special Olympics Galicia
Presentáronse máis de 900 deseños elaborados por usuarios dunha trintena entidades sociais especializadas na atención á discapacidade intelectual
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2025
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou esta mañá na escolla dos traballos gañadores do 30º Certame Autonómico de Tarxetas de Nadal organizado por Special Olympics Galicia. Esta edición contou coa participación de 33 entidades de toda Galicia e presentáronse arredor de 935 deseños diferentes.
Este certame é unha da citas clásicas de Special Olympics Galicia e cada ano conta cunha gran participación entre as entidades de iniciativa social que traballan no ámbito da atención ás persoas con discapacidade intelectual. Begoña Abeijón felicitou a todas as persoas que participaron nesta edición e animounas a seguir demostrando cada dia a súa valía e do que son capaces.