Isaac Rosón Sánchez-Brunete toma posesión como director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación tecnolóxica

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu este martes a toma de posesión de Isaac Rosón Sánchez-Brunete como director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, a quen lle desexou “moitos acertos para seguir impulsando a actividade marítimo-pesqueira de Galicia”.

Pola súa banda, o novo director xeral agradeceu a confianza depositada para o seu nomeamento e trasladou “o compromiso” cun sector ao que non chega de novo, pois é licenciado en Enxeñería Naval e Oceánica pola Universidade da Coruña e, con anterioridade o seu posto de director da Área de Innovación Empresarial do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), ocupou distintos cargos nos departamentos de Seguridade e Inspección Marítima das Capitanías Marítimas de Alacante e Barcelona, a través dos que tivo contacto directo con armadores, tripulación, confrarías ou estaleiros.

A súa traxectoria profesional tamén estivo vinculada á docencia universitaria como profesor asociado na Facultade de Náutica barcelonesa. Asemade, conta con experiencia no eido privado, onde desenvolveu traballos relacionados co deseño naval en distintas empresas do sector.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/12/2025