A Xunta recoñece o bo facer de 23 estudantes da FP galega cos premios extraordinarios de grao superior

Cada un dos galardoados recibe unha bolsa de 1.000 € e a distinción farase constar no seu expediente

Para optar a estes premios debían contar cunha cualificación final no ciclo igual o superior a 8,5 puntos

Santiago de Compostela, 03 de xaneiro de 2026

A Xunta de Galicia vén de recoñecer cos premios extraordinarios de FP de grao superior o esforzo e traballo de 23 estudantes que obtiveron excelentes resultados académicos e que remataron o ciclo superior no curso 2023/24.

Cada un dos galardoados recibe unha bolsa de 1.000 € por alumno e, ademais, a distinción farase constar no seu expediente académico. Igualmente, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente Premio Nacional de Formación Profesional de grao superior. 

Para optar a estes recoñecementos os estudantes debían contar cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos, entre outros requirimentos. Os premios enmárcanse dentro das diferentes accións que leva a cabo o Goberno galego para fomentar e poñer en valor a excelencia dentro do sistema educativo galego.  

A relación de galardoados é a reflectida no seguinte cadro:

Concello

Centro educativo

Apelidos e nome

Familia profesional

Provincia da Coruña

A Coruña

CIFP Someso

Fernández Vinseiro, Nerea

Edificación e obra civil

A Coruña

CIFP Imaxe e Son

Alonso Bustamante, Maritxu

Imaxe e son

A Coruña

IES Fernando Wirtz Suárez

Correa Segade, Cristina

Informática e comunicacións

A Coruña

IES A Sardiñeira

Neiro Vidal, Celia

Química

Culleredo

CIFP Universidade Laboral

Rosal Rodríguez, Bruno

Actividades físicas e deportivas

Culleredo

CIFP Universidade Laboral

Yáñez Saá, Diego

Marítimo-pesqueira

Ferrol

CIFP Ferrolterra

García López, Eva María

Enerxía e auga

Ferrol

CIFP Ferrolterra

Montero Pena, Rubén

Madeira, moble e cortiza

Pontedeume

CIFP Fraga do Eume

López Couceiro, Pablo

Hostalaría e turismo

Santiago de Compostela

CIFP Santiago

López Vázquez, Alberto

Agraria

Santiago de Compostela

CIFP Politécnico de Santiago

Íñigo Espiga, Pablo

Electricidade e electrónica

Provincia de Lugo

Lugo

CIFP As Mercedes

Expósito Pontide, Andrés

Instalación e mantemento

Lugo

CIFP As Mercedes

Penalonga Chento, Cristina

Transporte e mantemento de vehículos

Monforte de Lemos

IES A Pinguela

Ledo Cores, Jesús Ángel

Administración e xestión

Ribadeo

CIFP Porta da Auga

López López, Lucía

Servizos socioculturais e á comunidade

Sober

CPR Belarmino Fernández Iglesias

Blanco Tilves, Emilio

Industrias alimentarias

Provincia de Pontevedra

Ponteareas

CIFP A Granxa

Castro Rodríguez, Miguel

Seguridade e medio ambiente

Pontevedra

CIFP Montecelo

Vieitez Otero, Daniel

Artes gráficas

Pontevedra

IES Frei Martín Sarmiento

Santos Rodas, María

Imaxe persoal

Vigo

CPR Aloya

López Rodríguez, Iria

Comercio e márketing

Vigo

CIFP Valentín Paz Andrade

Mato Mato, Beatriz

Fabricación mecánica

Vigo

IES Ricardo Mella

Pampin Gomez, Carla

Sanidade

Vigo

CIFP Manuel Antonio

Dacal Rodríguez, Adolfo

Téxtil, confección e pel

Data de actualización: 04/01/2026