A delegada da Xunta en Vigo entrega agasallos de Nadal aos menores ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro
2026-01-02
/documents/35297/1982716/20260102+Visita+Cunqueiro+%281%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 2 de xaneiro de 2026
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este venres na entrega de agasallos aos nenos e nenas que están ingresados no Hospital Público Álvaro Cunqueiro. Acompañada polo xerente de área sanitaria, Javier Puente, a representante autonómica visitou as instalacións de pediatría para visitar aos pequenos durante as festas de Nadal.
Departamento:
C. de Sanidade
Data de actualización: 02/01/2026