Arias entrega ao colexio Divina Pastora o premio do certame de debuxo polo 25 aniversario da Muralla como ben mundial

Lugo, 9 de xaneiro de 2026

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o CPR Divina Pastora - Salesianos de Lugo para entregar o premio do certame de debuxo organizado pola Xunta con motivo do 25 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.

Arias felicitou ao alumnado de cuarto curso de Educación Infantil que realizou o traballo e fíxolles entrega dun xogo educativo para compartir na aula. Ademais, explicoulles que o seu debuxo foi o motivo principal da postal de Nadal da Delegación Territorial.

O delegado tivo tamén palabras de agradecemento para os docentes que se implicaron nesta iniciativa, “sementando nos seus alumnos e alumnas o coñecemento e o respecto polo patrimonio histórico e cultural”.

O certame de debuxo foi dunha das actividades programadas pola Xunta para conmemorar o 25 aniversario da Muralla como Ben Mundial. Baixo o lema A Muralla de Lugo: un desexo, un recordo, unha felicitación, recibíronse arredor de 400 traballos realizados por escolares da cidade, tanto individuais como en grupo, que durante todo o mes de decembro foron expostos na Delegación Territorial.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/01/2026