O Servizo Galego de Saúde convoca concursos específicos para o ingreso nas categorías estatutarias de enfermeiro de xeriatría e de médico de hospitalización a domicilio
Convócanse un total de 14 prazas para a especialidade de enfermería xeriátrica e 23 para a categoría de médico de hospitalización a domicilio
O prazo para a presentación das solicitudes remata o 9 de febreiro
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2026
O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana as convocatorias dos concursos específicos para o ingreso nas categorías estatutarias de persoal enfermeiro especialista en enfermaría xeriátrica e de persoal médico de hospitalización a domicilio do Servizo Galego de Saúde.
O número de prazas convocadas é de 14 para especialidade de enfermaría xeriátrica e de 23 para a de médico de hospitalización a domicilio.
O prazo para a presentación das solicitudes de participación é dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes deberán formalizarse a través de Fides ou mediante rexistro electrónico. O prazo en ambos os dous procesos remata o 9 de febreiro de 2026.
No proceso para a categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista en enfermaría xeriátrica serán de aplicación as bases aprobadas por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 21 de marzo de 2018.
Esta convocatoria está aberta ao persoal diplomado ou graduado universitario de enfermaría con vínculo de fixeza que desempeñase no Servizo Galego de Saúde na data da entrada en vigor do Decreto 81/2016, do 23 de xuño, ou nun momento anterior, as funcións propias da especialidade e acredite o título da especialidade de enfermaría xeriátrica.
Deberá posuír vínculo activo no Servizo Galego de Saúde desde hai polo menos dous anos na categoría de procedencia e atoparse con destino definitivo nos seguintes centros nos que se ofertan as prazas.
|
Categoría |
Centro |
Nº de prazas |
|
Enfermeiro especialista en enfermaría xeriátrica |
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
7 |
|
A.S. de Vigo |
7 |
No caso do proceso da categoría estatutaria de persoal médico de hospitalización a domicilio, as bases reguladoras figuran na propia resolución que se publicou no Diario Oficial de Galicia o día 7 de xaneiro, debendo posuír os interesados os seguintes requisitos:
1.- A condición de persoal estatutario fixo nalgunha categoría de persoal médico, na actualidade e na data de entrada en vigor do Decreto 34/2021, do 11 de febreiro.
2.- Desempeñar ou ter desempeñado no Servizo Galego de Saúde, na data de entrada en vigor do Decreto 34/2021 ou con anterioridade, as funcións propias da categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio.
3.- Estar en servizo activo en institucións sanitarias do sistema público de saúde de Galicia e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia. Ter destino definitivo no centro (área ou distrito) no que se oferta a praza.
4.- Ter a titulación de licenciado ou graduado en Medicina e título oficial de médico especialista, ou ben posuír a certificación prevista no artigo 3 do Real decreto 853/1993, do 4 de xuño, ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes da resolución de convocatoria.
5.- Posuír o permiso de conducir da clase B ou equivalente.
|
Categoría |
Centro |
N.º de prazas |
|
Médico de hospitalización a domicilio |
Distrito da Coruña |
3 |
|
Área Sanitaria de Ferrol |
1 |
|
|
Distrito de Santiago |
2 |
|
|
Distrito da Barbanza |
1 |
|
|
Distrito de Lugo |
5 |
|
|
Distrito da Mariña |
3 |
|
|
Distrito de Monforte |
1 |
|
|
Distrito de Ourense |
3 |
|
|
Distrito do Salnés |
1 |
|
|
Área Sanitaria de Vigo |
3 |
Coa publicación destas convocatorias dáse cumprimento ás previsións contidas na disposición transitoria segunda do Decreto 81/2016, do 23 de xuño e na disposición transitoria primeira do Decreto 34/2021, do 11 de febreiro, de creación das referidas categorías estatutarias.