A segunda fase da campaña da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue en centros de ensino comeza esta semana
Despois da campaña de Nadal, a ADOS retoma a súa actividade en centros educativos durante o presente curso académico tentando incrementar a participación dos máis novos e novas
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2026
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) inicia esta semana a segunda fase da campaña de doazón de sangue en centros de ensino de Galicia, correspondente ao presente curso académico. Ao longo deste segundo cuadrimestre, centros de ensino achéganse á doazón de sangue grazas á presenza das unidades móbiles da ADOS. Esta campaña supón, para moitos estudantes, a súa primeira aproximación ao solidario xesto da doazón, xa que cumpren 18 anos, requisito inescusable para converterse en doantes de sangue.
No transcurso desta semana, media ducia de centros educativos acollerán as campañas de doazón de sangue:
Martes 13: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) e IES Ordes
Mércores 14: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) e CPR Santo Cristo (Ourense)
Xoves 15: Centro Formación Profesional A Fundación (A Coruña), IES Espiñeira (Boiro) e CIFP Porta da Auga (Lugo)
A campaña de doazón en centros de ensino, tanto universitario como non universitario, supón un importante esforzo, por parte da ADOS, no labor de información e sensibilización da comunidade estudantil, xa que se imparten charlas informativas na totalidade dos centros visitados e, en moitos deles, instálanse mesas informativas nas que se da a coñecer a importancia da doazón de sangue e outros xeitos de doazón fundamentais no mantemento do noso sistema público de saúde. Así mesmo, a campaña en centros de ensino permite a incorporación de novos doantes e o rexuvenecemento da base de doantes de Galicia.
Recollendo solidariedade
A Axencia quere agradecer a solidariedade dos galegos e galegas que teñen doado sangue no pasado Nadal, xa que contribuíron a manter as reservas dos distintos compoñentes sanguíneos en niveis axeitados. Non obstante, desde ADOS apelase á solidariedade da cidadanía para que continúen colaborando nas campañas de doazón que terán lugar esta semana cos seguintes desprazamentos:
|
DATA |
DESPRAZAMENTOS |
|
Martes 13 de xaneiro |
CIFP Paseo das Pontes e Barrio Ventorrillo (A Coruña), Curtis, Pontedeume, IES Ordes, Milladoiro (Ames), Ordes, Foz, Allariz, Caldas de Reis e Barrio As Travesas e Torrecedeira (Vigo) |
|
Mércores 14 de xaneiro |
CIFP Paseo das Pontes e Riazor (A Coruña), Frades, Miño, Ponteceso. Praza Roja (Santiago), Monbus e Praza Maior (Lugo), CPR Santo Cristo (Ourense), Viana do Bolo, Zona da Ferraría (Pontevedra) e Cabral e Barrio Teis (Vigo) |
|
Xoves 15 de xaneiro |
Centro FP A Fundación e Cantón-Obelisco (A Coruña), Boimorto, IES Espiñeira (Boiro), Mugardos, Oleiros, Rois, CIFP Porta da Auga (Lugo), Ribadeo, A Merca, Taboadela, Barrio do Vinteún (Ourense), Ponteareas, Barrio O Calvario (Vigo) e Vilanova de Arousa |
|
Venres 16 de xaneiro |
A Laracha, Boiro, Culleredo, Fene, Trazo, Centro Comercial As Termas (Lugo), Xinzo de Limia, Ponteareas, Rúa Príncipe (Vigo) e Vilagarcía de Arousa |
|
Sábado 17 de xaneiro |
Boiro, Ordes, Rúa Príncipe (Vigo) e Vilagarcía de Arousa |
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto: 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.