Belén do Campo asiste á conferencia impartida por Pedro Jesús Pacheco, xefe superior de Policía de Galicia

A Coruña, 29 de xaneiro de 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o director xeral de Xustiza, José Tronchoni asistiron á conferencia “Do delito ao dato. A investigación criminal na era dixital e global”, impartida por Pedro Jesús Pacheco Carrasco, xefe superior de Policía de Galicia, na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

Durante a súa intervención, o ponente afondou nos retos actuais da investigación criminal nun contexto marcado pola dixitalización e a globalización.

Esta conferencia enmárcase no Ciclo de Conferencias organizado pola Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, en colaboración co Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña, o Ilustre Colexio Notarial de Galicia e ABANCA, unha iniciativa que busca promover a reflexión e o debate sobre cuestións de máxima actualidade xurídica e social.

A delegada da Xunta destacou o interese e a actualidade da temática abordada, así como o papel fundamental das forzas e corpos de seguridade do Estado na adaptación aos novos escenarios dixitais, reafirmando o compromiso da Xunta de Galicia coa seguridade, a xustiza e a cooperación institucional para dar resposta aos desafíos da sociedade actual.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/01/2026