A Xunta apoia a presentación do ensaio gañador do XXVI Premio de investigación Manuel Colmeiro

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2026

A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, participou hoxe na presentación do ensaio gañador do XXVI Premio de Investigación Manuel Colmeiro. As políticas rexionais de innovación empresarial de Galicia. Análise de resultados no tecido produtivo, de Diego Sande Veiga, profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), analiza en profundidade o impacto das políticas públicas de innovación no desenvolvemento empresarial galego.

Durante a presentación da obra, Sonia Rodríguez- Campos lembrou que o premio, que concede anualmente a Xunta de Galicia, a través da EGAP, recoñece publicacións que contribúen á promoción e ao impulso dos estudos multidisciplinares sobre o sector público galego. Puxo en valor que o ensaio estuda “de forma crítica e rigorosa como funcionan na práctica as políticas públicas de innovación en Galicia.”

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/02/2026