Román Rodríguez celebra co alumnado do colexio de Roxos as actividades do Entroido neste centro compostelán

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2026

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, achegouse hoxe ao Colexio CEIP de Roxos para compartir as actividades de Entroido coas que os escolares deste centro traballan a convivencia e a creatividade. De feito, o representante da Xunta de Galicia visitou a zona de xogos inclusivos, un espazo para favorecer a integración do alumnado con necesidades específicas. Tamén gozou do desfile cunha charanga formada por profesores e nenos e da degustación de doces típicos desta celebración.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/02/2026