A Xunta participa na XXXVII Festa do Cabrito e desfile de Entroido de Vilariño de Conso e na Fariñada de Laza
Vilariño de Conso (Ourense), 14 de febrero de 2026
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na XXXVII Festa do Cabrito de Vilariño de Conso, que veu precedida polo tradicional desfile de fulións e boteiros que se celebra por vez primeira desde que o Entroido desta localidade ourensá, de Manzaneda e de Viana do Bolo se declarasen Festa de Interese Turístico Nacional. Alí, puxo en valor esta celebración tan pegada ao territorio que, segundo dixo, contribúe de xeito decidido a dinamizar o comercio e o tecido socioeconómico da contorna.
Nese contexto encádrase tamén a presenza do conselleiro esta tarde na Fariñada da praza da Picota de Laza, unha tradición enmarcada no triángulo máxico que conforma este municipio con Verín e Xinzo de Limia, un potente atractivo turístico da provincia.