A Xunta reforza a colaboración cos consulados para atender as necesidades dos galegos nos EEUU
Miami (Estados Unidos), 15 de febreiro de 2026
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo coa cónsul xeral de España en Miami, Belén Alfaro Hernández, co obxectivo de reforzar a colaboración institucional entre a Xunta de Galicia e a representación consular española en favor da cidadanía galega residente nesta demarcación.
Durante o encontro analizouse a situación da colectividade galega no sur dos Estados Unidos e abordáronse posibles vías de cooperación para mellorar a coordinación e a atención ás persoas galegas no exterior. Miranda destacou a importancia de manter unha relación fluída cos consulados para garantir unha atención eficaz á diáspora e avanzar en iniciativas conxuntas que dean resposta ás necesidades actuais da comunidade galega asentada en Miami e Na súa área de influencia.