A delegada da Xunta en Ferrol participa na entrega de premios da gran final do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Masculinas

Narón (A Coruña), 17 de febreiro de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde na entrega de premios do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Masculinas de fútbol organizado pola Real Federación Galego de Fútbol no Estadio Municipal de Río Seco (Narón).

Na cita tomaron parte máis de 200 nenos das categorías alevín e infantil procedentes de todos o puntos de Galicia. Logo de xogar  unha liguilla de grupos, as seleccións clasificadas no primeiro posto de cada grupo xogaron a gran final para conseguir o trofeo de campión galego, quedando como gañadores nas dúas categorías os dous equipos de Vigo Os mellores xogadores do Comarcal serán os que representen a Galicia no Campionato de España.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/02/2026