A Xunta reforza a colaboración con chefs e prescriptores portugueses no marco do proxecto pioneiro ‘Artesanía no Prato’

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou hoxe nun encontro con seis cociñeiros de recoñecido prestixio e un experto en viño e gastronomía

A visita dá continuidade aos lazos creados ao abeiro do evento ‘Artesanía no Prato. O sabor da Galicia en Lisboa’, celebrado o pasado mes de setembro e dirixido a profesionais da cociña, da hostalaría ou do contract do país veciño

A viaxe incluirá tamén visitas a diferentes obradoiros de Artesanía de Galicia e encontros con reputados chefs galegos para coñecer de primeira man o produto artesán e alimentario de Galicia

Artesanía no Prato é unha iniciativa pioneira impulsada pola Xunta para incorporar pezas da marca Artesanía de Galicia como soporte da gastronomía que vén de ser galardoado nos últimos Premios Nacionais de Artesanía

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou hoxe nun encontro con destacados prescriptores portugueses no marco do proxecto Artesanía no Prato, unha iniciativa autonómica que busca reforzar a conexión entre a artesanía e a gastronomía.

A xuntanza desenvolveuse no restaurante A Tafona, da cociñeira Lucía Freitas, e contou coa participación dos cociñeiros André Cruz (Feitoria, Lisboa), Gil Fernandes (Fortaleza do Guincho, Cascais), Pedro Lemos (restaurante Pedro Lemos, Porto), Alexandre Silva (LOCO e Fogo, Lisboa), Hugo Candeias (Ofício, Lisboa), Leopoldo Calhau (Taberna do Calhau, Bla Bla Glu Glu e Casa do Calhau) e do divulgador especializado en viño e gastronomía Marcos Lagoa.

Con esta visita, dáse continuidade aos lazos creados ao abeiro do evento Artesanía no Prato. O sabor da Galicia em Lisboa, celebrado en setembro do pasado ano e dirixido a profesionais da cociña, da hostalaría, do contract e a prescritores de medios especializados, co obxectivo de impulsar a promoción e a comercialización da artesanía galega no mercado veciño. A viaxe a Galicia tamén tamén diferentes visitas a obradoiros de Artesanía de Galicia e encontros con reputados chefs galegos para coñecer de primeira man o produto artesán e alimentario de Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/02/2026