A Xunta destaca o efecto dinamizador da campaña do centro comercial aberto de Ordes por San Valentín

Ordes (A Coruña), 23 de febreiro de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola concelleira de Traballo de Ordes, Susana García, vén de asistir á entrega do diploma de recoñecemento ao establecemento gañador da campaña O amor está no escaparate, posta en marcha pola Asociación de empresarios e comerciantes de Ordes (Aecor) co gallo de San Valentín. Alí, puxo de relevo o efecto dinamizador no comercio local deste tipo de iniciativas, que apoia e seguirá apoiando a Xunta —dixo— no marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030.

Nese senso, o director xeral destacou que a acción implicase a clientela ordense na valoración dos escaparates dos comercios adheridos, ao tempo que premiou a súa fidelidade co sorteo dun vale de 150 euros canxeable en calquera dos establecementos que forman parte de Aecor.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/02/2026