A FP galega demostra a súa calidade ao alzarse con sete medallas no campionato SpainSkills

O alumnado galego de FP obtén dúas medallas de ouro nas categorías de Tecnoloxía do automóbil e Tecnoloxía de vehículos pesados; dúas de prata en Mecatrónica e Panadaría e tres de bronce en Desenvolvemento web, Ebanistaría e Administración de sistemas en rede

Os centros galardoados nesta edición son os centros integrados de FP Someso e Paseo das Pontes da Coruña, o CIFP Politécnico e o IES San Clemente de Santiago, o CIFP Politécnico de Lugo e os institutos Aller Ulla de Lalín e Losada Diéguez da Estrada

Madrid, 28 de febreiro de 2026

A Xunta salienta o éxito acadado pola selección galega no campionato estatal SpainSkills 2026 como unha demostración da Galicia Calidade na Formación Profesional ao alzarse con sete medallas nesta edición a razón de dúas de ouro, outras dúas de prata e tres de bronce.

Estes logros avalan a aposta do Goberno da Xunta por unha Formación Profesional moderna, innovadora e conectada co tecido produtivo que destaca, especialmente, pola implicación tanto do alumnado coma do profesorado.

Representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP encabezados pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, acompañaron aos equipos participantes na competición durante estes días e aproveitaron para felicitar aos gañadores polo talento, a capacitación técnica e a excelencia demostrada.

A relación de galardoados é a seguinte:

Medalla

Especialidade ou skill

Equipo galardoado

Ouro

Tecnoloxía do automóbil

Centro: CIFP Politécnico de Santiago

Alumno: Héctor Sánchez Bellón

Ouro

Tecnoloxía de vehículos pesados

Centro: CIFP Someso (A Coruña)

Alumno: Manuel Prada Palmeiro

Prata

Mecatrónica

Centro: CIFP Politécnico de Lugo

Alumnos: Xoel Teijeiro Prado, Abraham Martín Corral

Prata

Panadaría

Centro: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Alumnos: Mateo Lema Villar

Bronce

Desenvolvemento web

Centro: IES Ramón María Aller Ulloa (Lalín)

Alumno: Radoslw Lisiecki

Bronce

Ebanistaría

Centro: IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (A Estrada)

Alumno: Anxo Silva Romero

Bronce

TIC Administración de sistemas en rede

Centro: IES San Clemente (Santiago de Compostela)

Alumnos: Martín Muíño Martínez

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/02/2026