A Xunta reabre ao tráfico un dos carrís do tramo da AG-57 ao seu paso por Gondomar afectado polo temporal
A Xunta segue a traballar na reparación do noiro que se desprendeu o pasado día 10 de febreiro por mor das fortes e continuadas choivas
O custe estimado desta actuación suporá un investimento de preto de 110.000€
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2026
A Xunta reabrIu ao tráfico un dos carrís da autoestrada do Val Miñor, ao seu paso por Gondomar, co obxectivo de favorecer a maior afluencia de circulación na AG-57.
As obras na AG-57 seguen así a avanzar, continuando a maquinaria pesada operando na zona, onde hai dúas semanas produciuse un desprendemento nun noiro por mor dos temporais deste ano. A Xunta traballa co obxectivo de axilizar estas obras o máximo posible, sempre garantindo a seguridade na actuación.
Compre lembrar que aínda que este desprendemento non afectou á calzada, ante o posibles risco de desprendemento de material que quedou inestable na cabeza do noiro, optouse por seguridade por o corte de tráfico no carril sentido Baiona. Os servizos técnicos están avaliando a situación e as medidas a adoptar.
O custe estimado desta actuación suporá un investimento de preto de 110.000 euros.