O delegado territorial participa na inauguración do ‘Campeonato del mundo de Atletismo en Short Track Virtus Ourense 2026’
Ourense, 05 de marzo de 2026
O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, participou esta mañá na inauguración do Campeonato del Mundo de Atletismo en Short Track Virtus Ourense 2026, unha cita internacional de referencia para deportistas con discapacidade intelectual que, baixo o lema On your marks… Ourense!, reunirá aos mellores atletas procedentes de once países na pista cuberta de Expourense, co apoio da Xunta de Galicia.
O evento, organizado pola Federación Española de Deportes con Discapacidad Intelectual (FEDDI) membro do grupo Virtus en España, será un campionato que, ademais de situar a cidade das Burgas no mapa global do atletismo, busca implicar á comunidade local, centros educativos, clubs deportivos, familias e voluntariado, xerando un impacto social que transcenda a competición.