Arias gaba o papel dos Mestre Mateo para exhibir o talento, capacidade e calidade do audiovisual galego
Lugo, 5 de marzo de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, gabou hoxe o papel dos premios Mestre Mateo “para proxectar socialmente e exhibir cara ao exterior o talento, capacidade e calidade do audiovisual galego”.
O delegado realizou estas declaracións nun acto organizado en Lugo pola Academia Galega do Audiovisual no marco da programacións dos premios, protagonizado pola lingüista e tradutora Rosa Moledo, que recibirá o Premio de Honra, e os actores Trisha Fernández e Federico Pérez, que se encargarán de presentar a gala.
A cerimonia de entrega celebrarase o 21 de marzo no auditorio Fuxan os Ventos, “un digno escenario para a ocasión, construído pola Xunta de Galicia para que a cidade puidera por fin albergar eventos deste calibre”, apuntou.
Ao respecto, sinalou que o impulso autonómico ao sector cultural tradúcese “na mellora de infraestruturas e o cofinanciamento de proxectos a través de programas de achegas, entre eles moitos dos finalistas da presente edición dos Mestre Mateo”.