A Xunta impulsa un mural interxeracional en colaboración co Concello de Ortigueira
2026-03-08
/documents/35297/2040138/IMG_20260308_110935.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ortigueira (A Coruña), 8 de marzo do 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou co alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, a zona na que se vai realizar o mural interxeracional que impulsan a Xunta e a Administración local. En concreto, esta creación artística vai realizarse nunha zona amurada próxima ao instituto de educación secundaria.
A conselleira avanzou que o resultado final desta obra artística poderá verse este verán, coincidindo co festival internacional do Mundo Celta de Ortigueira onde será inaugurado para toda a veciñanza.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 08/03/2026